por | Mar 4, 2018 | Cinema & TV, Novas | 0 comments

O filme Dhogs de Andrés Goteira arrasa nos Mestre Mateo

A XVI gala dos Premios Mestre Mateo celebrouse onte no Pazo da Ópera da Coruña. Unha gala que estivo moi marcada por todo tipo de reivindicacións tanto feministas como lingüísticas, mensaxes en defensa da liberdade de expresión e en contra da megamina de Touro e O Pino.

Dhogs, a ópera prima de Andrés Goteira xa partía como favorita para estes premios sendo o filme con máis nomeacións, pero quizais ninguén esperaba que chegara a acadar 13 dos premios, converténdose de esta maneira no filme no filme máis premiado da historia dos premios da Academia Galega do Audiovisual, gañando os galardóns a mellores interpretacións protagonista feminina e masculina (Melania Cruz e Iván Marcos), mellor guión (Andrés Goteira), mellor dirección (Andrés Goteira) e mellor longametraxe.

No apartado musical Dhogs tamén levou o premio a mellor música orixinal polas composicións de Germán Díaz e Manu Viqueira gañou o premio ao mellor videoclip polo seu traballo para a canción Troubled Times de Green Day.

Consulta aquí a listaxe completa dos premiados.