Select Page

por | Mar 2, 2018 | Música, Novidades |

La Plata, Luz Casal, Superorganism… Estas son as nosas seleccións desta semana

Comeza marzo, e con el veñen grandes discos nacionais, estatais e internacionais.

Esta semana ven cargada de novidades excelentes. Fai nada enterabamonos do regreso de Chvrches, sacando novo tema con Matt Berninger de The National, e saíu un novo tema no que, inesperadamente, Jay Z e Beyoncé están por fin presentes xuntas nunha canción de DJ Khaled. Mais, que hai dos álbumes? Ben, pois temos material novo de Anna Von Hausswolff, Moby, Titus Andronicus, Gwenno, Suuns ou Los Chicos entre outros. Tamén hai novos EPs de Everything Everythng ou o murcianos Alien Tango. Pero, á hora de quedarnos con tres cousas, destacamos estas tres:

  • La Plata: Levamos dende a apertura de Balea falando destes valencianos. Cada tema que sacan dannos unha alegría, e o seu EP Un Atasco (2017) deixárannos con tantas ganas de máis que decidiramos destacalos como un dos discos máis esperados deste 2018. Hoxe, por fin, podemos dicir que a espera rematou.
  • Luz Casal: Non coñecer a Luz Casal en Galicia é imposible. Leva toda unha vida dedicada á música e hoxe a coruñesa volve tras unha pausa de catro anos. Que corra el aire é o título do seu novo traballo que xa está en todas as plataformas e nos nosos oídos.
  • Superorganism: O nome de superorganismo venlles de perlas aos que prometen ser un dos debuts do ano. Un súper-grupo de oito persoas, de lugares tan diferentes como Australia, Corea do Sur, Xapón ou Reino Unido, que hoxe reúnense para sacar un álbum de glitch pop onde cada un ten algo que contar.

La Plata

Luz Casal

Superorganism