Oscars 2018: As nosas favoritas

Estamos xa á volta da esquina da gala dos premios Oscar de este ano. E se ben coma todos as edicións botamos en falta unhas cantas películas, tamén é certo que este ano hai unha chea de filmes destacables.

Mellor canción

Comezamos falando polas categorías musicais. Este ano, coa ausencia de La La Land esta categoría volta a ter emoción. Temos tamén moitas ganas de poder escoitar as cancións nomeadas en directo durante a gala. Sen embargo se tiveramos que quedarnos con unha soa, Mystery of Love, a canción de Sufjan Stevens para Call Me by Your Name paréceneos a mellor entre as nomeadas.

Mellor banda sonora

En esta categoría temos algúns nomes que xa case poderiamos considerar históricos, como John Williams, ou compositores máis consolidades durante as últimas décadas como Hans Zimmer ou Alexandre Desplat. Sen embargo a nosa banda sonora favorita entre as nomeadas é a que realizou Jonny Greenwood para O fío invisible.

Mellor dirección de fotografía

Alegrounos moito a nomeación de Rachel Morrison a mellor directora de fotografía, a primeira muller na historia en ser nomeada en esta categoría. Sen embargo o traballo de Roger Deakins para Blade Runner 2049 pareceunos o máis destacado do ano.

A iluminación e os encadres de Roger Deakins dotan en todo momento de un aspecto case pictórico as imaxes sen renunciar en ningún intre ao realismo que caracteriza sempre a obra de este director de fotografía.

Mellor guión adaptado

En esta categoría sorprendeunos a nomeación de Logan, se ben foi precisamente o guión un dos elementos de este filme que menos nos chamou a atención, gústanos ver que a Academia está disposta a ter en conta a este tipo de filmes cando fan as cousas ben. Sen embargo para nós o mellor guión adaptado entre os nomeados de este ano é o de Call Me by Your Name

Call Me By Your Name apunta cara o tema do recoñecemento persoal en dúas direccións: o coñecemento propio, o autorrecoñecemento, pero tamén o recoñecemento dun mesmo noutra persoa.

Mellor guión orixinal

En esta categoría, por enriba de filmes como A forma da auga ou Tres anuncios nas aforas atopamos especialmente salientable o traballo de Greta Gerwig en Lady Bird, seu primeiro filme escrito en solitario tras Nights and Weeks (Greta Gerwig e Joe Swanberg, 2008).

A autora pasou unha década acumulando 350 páxinas de material para o filme, que perfeccionou e refinou coidadosamente mentres protagonizaba e algunhas veces coescribía e codirixía clásicos ‘mumblecore’ como Hannah Takes the Stairs e Baghead, e máis tarde Greenberg, Frances Ha e Mistress America.

Mellor actor protagonista

Se ben todas as olladas están postas en Gary Oldman pola súa interpretación de Winston Churchill en O instante máis escuro, para nós a actuación máis destacable entre as nomeadas foi a de Daniel Day-Lewis.

Daniel Day-Lewis na súa despedida actoral, digna de estatuiña, desenvolve unha interpretación precisa, a veces sublime, pero nunca excesiva.

Mellor actriz protagonista

Nesta categoría resúltanos extremadamente difícil apostar por un único nome. Encantounos a interpretación de Frances McDormand en Tres anuncios nas aforas, sen dúbida un dos puntos fortes do filme. Sen embargo tamén nos pareceu moi destacable o papel de Saoirse Ronan en Lady Bird. Ante a dúbida decidimos quedarnos co traballo de Saoirse. As actrices novas non merecen menos recoñecemento.

Christine, encarnada esplendidamente por Saoirse Ronan, ainda que ela só acepta que lle chames “Lady Bird”, enfróntase ao seu último ano no instituto de Sacramento, de onde quere fuxir para empezar unha nova vida.

Mellor dirección

Alegrounos moito ver tamén como Greta Gerwig, unha directora debutante lograba unha nomeación polo seu destacable traballo en Lady Bird. Sen embargo para nós en termos de calidade, a mellor dirección entre as nomeadas foi sen lugar a dúbida a de Paul Thomas Anderson para O fío invisible.

O filme conta cunha posta en escena deslumbrante que vai máis alá da elegancia para converterse directamente en suntuosa, dunha fluidez envolvente que recorda a pezas de cámara de mestres como Ophüls e Hitchcock.

Mellor película

Sen dúbida hai filmes moi destacables entre os nove nomeados a mellor película. Steven Spielberg realizou un filme moi acertado para os tempos que corren con Os arquivos do Pentágono, Luca Guadagnino logrou unha película moi redonda con Call Me by Your Name, e Lady Bird de Greta Gerwig quizáis sexa o debut cinematográfico do ano. Sen embargo o que conseguiu Paul Thomas Anderson e o resto do seu equipo en O fío invisible, dende noso punto de vista converte a este filme na película máis destacada de entre todas as nomeadas.

Todo isto, entre outras moitas, moitísimas razóns que deixo fóra destas líñas –como todo o que envolve o corazón palpitante desta historia, desde a excelente BSO de Johnny Greenwood á dirección artística, pasando polo vestiario ou o deseño de produción, todos eles sobresaíntes– é polo que creo que O fío invisible é un dos filmes máis impecables e apasionantes dos últimos anos. Alta costura cinematográfica.