O festival O Son do Camiño agota os abonos entre críticas á organización

A venda das entradas viu marcada por longas colas virtuais

O novo festival anunciado recentemente que se celebrará este ano en Santiago de Compostela lanzou hoxe á venda os seus abonos, os cales non duraron moito tempo. Este éxito de vendas ven da man de numerosas queixas de persoas que afirmaron ter pasado varias horas nas colas virtuais esperando para mercar as entradas ao precio de oferta de 39€, para atoparse finalmente con que ese prezo xa non era ofertado, tendo que pagar ata máis de 80€ polos abonos, ou no peor dos casos, atopándose estas xa completamente agotadas.

O festival acaba de sacar un comunicado no que se avisa de que non poden garantizar a autenticidade das moitas entradas que están comezando a aparecer xa en páxinas de revenda.