Jack White estrea novo single

Jack White continúa coa promoción do seu novo disco Boarding House Reach. Tras o lanzamento do vídeo musical da canción Connected by Love e os adiantos Respect CommanderCorporation agora chéganos Over and Over and Over, unha peza na que o estilo máis clásico de proxectos anteriores de Jack White é mesturado coa produción máis electrónica e analóxica que semella que vai ter este novo traballo.

De feito as orixes de esta peza non son tan recentes como podería semellar, White tentara grabar esta canción cos White Stripes e posteriormente en un proxecto xunto a Jay-Z, sen embargo nunca chegara a estar contento co resultado final. Semella que de esta vez o multiinstrumentista estadounidense quedou satisfeito co son de esta peza.

Jack White