por | Mar 1, 2018 | Música, Novidades |

Ataque Escampe anuncia xira de presentación de “Primeiros Bicos”

Primeiros Bicos é o sexto álbum do grupo galego, lanzado en 2017.

O ano pasado, os Ataque Escampe lanzaban ao mercado o seu sexto longo, Primeiros Bicos, baixo o selo discográfico de Discos da Máquina, tendo como sixelos Alan Lomax e E Eu Que Chorei con Ghost, facendo un destacable álbum onde a madurez do son dos composteláns facíase patente. Para presentar o álbum, quedaban con Emilio José e facían un show nunha Capitol chea de fans.

Agora, chegados a marzo de 2018, preparan a xira de presentación de Primeiros Bicos por Galicia. Destaca a súa participación o 15 de marzo nun concerto en apoio ás Marchas da Dignidade, onde se acadarán fondos para axudar a Emilio Cao.

As primeiras datas anunciadas son as seguintes:

09 de marzo – Deleite ao Vivo (Vigo, Iguana)
15 de marzo – Santiago de Compostela, Sala Malatesta (En apoio ás Marchas da Dignidade e Emilio Cao)
31 de marzo – Con do Moucho (Illa de Arousa)
20 de abril – Deleite ao Vivo (A Coruña, Sala Mardi Gras)

05 de maio – Ferrol (Fundaçom Artabria) 02 de xuño – Burela (Xebra)

 

Ataque Escampe