Select Page

Trajano! – Lázaro

23/02/2018 • Mushroom Pillow

por | Feb 28, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Os Trajano! teñen varios elementos que os fan moi recoñecibles no post-punk estatal: a voz de Lois Brea, cunha voz preciosamente aguda, un son máis emotivo e menos sucio do normal e unhas guitarras que conseguen crear unha atmosfera propia canción a canción. Con isto, era difícil que non colleran un espazo dentro do mundiño para facelos dos grupos máis destacados do panorama estatal. O seu primeiro álbum, Antropología (2014), puxo sobre a mesa moitos destes elementos que agora volverán a traer sobre a mesa. Mais, hai novidades: nesta ocasión, o jangle pop está aínda máis presente, cunhas guitarras que farían ao propio Johnny Marr estar orgulloso.

Lázaro ten unha gran construción. Os baixos conseguen presentarse como un perfecto condutor da voz de Lois, mentres as guitarras crean atmosfera propia polo seu lado. Afilador e Álgebra Opuesta, xa no comezo do álbum, preséntanse como dúas cancións moi diferentes entre elas, mais que funcionan perfectamente no mesmo álbum. O mesmo sucederá coas demais cancións, nas que, guiadas por un afán de crear un son propio en cada unha, tratarán de elevarse sobre o resto.

Tal vez o maior faio do álbum estea á hora de achegarnos ás letras que, en certos momentos, nun intento de crear unha metáfora intensa, chegan a presuntuosas. A falta de significado, intención ou sentido rematan manchando unha obra que, musicalmente, ten moitísimo que ofrecer.

En xeral, estamos ante un álbum notable, onde a instrumentalización de cada tema fai crecer a un álbum que, líricamente, ten pouco que ofrecer. E faino crecer tanto que eses erros, confusións e imposibles non conseguen inclinar a balanza dunha forma excesiva, deixándose desfrutar a cada escoita.

Trajano!