Select Page

Hans Zimmer – Dunkerque

21/07/17 • WaterTower Music

O feito de que os nomes de Hans Zimmer e Christopher Nolan vaian da man xa non é ningunha sorpresa. “Dunkerque” é xa a sexta película do director estadounidense na que conta coa colaboración de este compositor para a banda sonora, unha colaboración que se ven repetindo nos últimos cinco filmes consecutivos firmados por Nolan, que semella atopar na música enérxica e bombástica de Zimmer o acompañamento desexado para as súas imaxes e historias.

Nos últimos anos Hans Zimmer semella estar desenvolvendo seu estilo en terreos musicais cada vez máis alonxados dos temas e das melodías, empregando máis elementos como os ritmos ou os timbres dos sons e instrumentos empregados para transmitir sensacións. Se ben xa máis dunha década, na banda sonora do filme “Piratas do Caribe: A Maldición da Perla Negra” Zimmer plantexábanos unha composición cargada de melodías memorables que semellaban unha aproximación máis enérxica as bandas sonoras de John Williams, na música de “Dunkerque” non atopamos nada de esto.

Sen embargo, a pesares de que a banda sonora de este filme non conta con temas melódicos recurrentes, si que hai algúns elementos que aparecen de maneira reiterada, sendo quizáis o máis destacable o son das agullas de un reloxo empregado como elemento rítmico. Hans Zimmer semella procurar transmitir únicamente tres sensacións distintas ao longo das once pistas que conforman este traballo, a sensación da calma tensa ante o perigo inminente, a sensación do medo ante este perigo e por último a de alivio. A maior parte das pezas buscan transmitir esta tensión, pasando ao medo unicamente en determinados momentos como en “Supermarine” e deixando as pezas que transmiten a sensación de alivio para o final do disco.

Hai ideas moi interesantes en esta banda sonora como o xa mencionado uso musical do son de un reloxo, mais tamén o sampleo de sons de pasos ou de helicópteros. Trátase de un acompañamento correcto para o filme, sen embargo á hora de escoitar estas composicións desprovistas das imaxes da película o resultado palidece bastante. A falta de melodías fai que nos atopemos ante unha banda sonora que pode resultar monótona por momentos e pouco memorable a pesares da súa corrección técnica.

Hans Zimmer