por | Feb 26, 2018 | Música, Novidades |

Non quero quedar na casa: Esmorga Fest, Rock & Elas, Klüte, Ogun Afrobeat…

Unha semana máis, o luns preséntanos custa arriba. Mais, que pasa? Ímonos vir abaixo coa semana que chega? En absoluto. Benvidos unha vez máis á sección na que repasamos os concertos máis interesantes da semana no noso país. Os nosos tres destacados desta semana son:
  • Rock & Elas – Bala & Agoraphobia: Como conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, na Sala Capitol celebrarase un dos concertos máis interesantes da semana. Nel, Bala e Agoraphobia, grupos galegos compostos na súa totalidade por mulleres, estarán dándonos un repaso á súa mellor música. O concerto, por certo, é de balde ata completar o aforo, así que acude xa á páxina da Sala Capitol a coller a túa entrada.
  • Ogun Afrobeat: Dende Madrid e Nixeria, Ogun Afrobeat trae o mellor afrobeat, funk e groove ás salas galegas. Con dous discos aí fora dunha calidade excepcional, velos en directo é un espectáculo que non vos podedes perder.
  • Klüte e MEU: Dende Ferrol a Lalín. Klüte sacaban a finais do ano pasado o seu No Youth, onde o punk, o indie rock e post-punk están ben representados. Esta semana presentarán o seu disco na capital dezana xunto ao grupo local MEU.
Axenda completa

Martes 27/02/2018
The Brahms Project – Pontevedra (Teatro Principal, 20:30)

Mércores 28/02/2018
The Brahms Project – Lugo (Círculo de las Artes, 20:00)

Xoves 01/02/2018
Javier López de Guereña – Pontevedra (Pequeño Karma, 22:00)
Texas Hippie Coalition – Cangas (Salason Cangas, 2:00)
Rock & Elas – Bala & Agoraphobia – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:30)

Venres 02/02/2018
Ogun Afrobeat – A Coruña (Garufa Club, 22:30)

Agoraphobia – A Coruña (Playa Club, 22:30)
Ángel Stanich – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:30)
Javier López de Guereña – Santiago de Compostela (Modus Vivendi, 22:00)
Carlos Núñez – Ourense (Catedral de Ourense, 21:00)
The Kleejoss Band – Ourense – (Café Cultural Auriense, 21:30)
Pastora Soler – Vigo (Auditorio del Mar, 21:30)
Svederna + Infrahumano – Vigo (Transylvania Pub, 21:30)
Eladio y Los Seres Queridos – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 22:30)
The Fabulous Resaca Brothers – Vigo (La Pecera, 22:30)
Les Filles de Illighadad – Vigo (Radar Estudios, 21:00)
Tricky – Ferrol (Tatro Jofre, 21:00)
Paty Lesta & The Hits – Ferrol (Sala Super 8, 00:00)
Ángel Stanich – O Barco de Valdeorras (Sala Baranda, 23:30)

Sábado 03/02/2018
Khitara – A Coruña (Teatro Colón, 20:30)
Pastora Soler – A Coruña (Palexco, 21:30)
Lytos – A Coruña (Sala LeClub, 21:30)
Blues & Decker – A Coruña (BâBâ Bar, 22:00)
Luis Brea y El Miedo – A Coruña (Sala Mardi Grass, 22:30)
Freedonia – A Coruña (Playa Club, 23:00)
Modelo de Respuesta Polar – Santiago de Compostela (Sala Moon, 23:00)
Ogun Afrobeat – Lugo (Clavicémbalo, 23:30)
Klüte + M.E.U. – Lalín (Sala Óxido, 23:00)
Ariana Savall & Petter U. Johansen – Ourense (Igrexa de Santa María de Gracia de Monterrei, 19:30)
The Headliners + True Mountains + Zoketes – Ourense (Café Cultural Auriense, 20:00)
Yogures de Coco + Maldito Murphy – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 22:00)
Spoonful & Hot Road – Vigo (La Iguana Club, 23:30)
Nastasia Zürcher – Vigo (Radar Estudios, 21:00)

Domingo 04/03/2018
Pink Tones – Lugo (Auditorio Municipal Gustavo Freire, 19:00)
Depedro – Vilagarcía de Arousa (Salón García, 01:00)
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre – A Coruña (Teatro Rosalía de Castro, 19:30)

Ademais de todo o anterior, esta semana celébrase en Sarria, durante os días 2 e 3 de marzo, o festival Esmorga Fest, un dos mellores festivais do País sen lugar a dúbidas. Nel, atoparemos a grupos como Bulto, Disco Las Palmeras!, FAVX, Jardín de la Croix, La Plata, Mujeres, Pálida ou WAS, entre outros. En principio, deberíamos ata pornos de gala para celebrar que podemos desfrutar de algo tan grande como isto.

Klüte

Agoraphobia

Bala

Ogun Afrobeat