Belako – Render Me Numb, Trivial Violence

23/02/18 • El Segell del Primavera

A regra do terceiro disco é unha de esas normas non escritas do mundo da música que máis intrigante resulta xa que practicamente sempre se cumpre. O terceiro disco é aquel no que se acostuma a comezar a percibir se un proxecto musical se consolida ou se a fórmula comeza desgastarse e por conseguinte a desinflarse. “Render Me Numb, Trivial Violence” é o terceiro disco do cuarteto de Mungia Belako, e ben podemos dicir que se trata do seu lanzamento máis ambicioso.

Belako comezan este traballo amosando que continúan a ser unha banda tan contundente como sempre, ou mesmo máis todavía. Cancións como “Maskenfreiheit” ou “Lungs” abren o disco con enerxía e boas melodías mentres que “Two Faced Simulation” e “Over the Edge” traen consigo o compoñente máis punk de Belako. A produción ten un son sucio que semella estar meticulosamente deseñado.

Os sintetizadores, xa presentes dende o comezo do disco van gañando máis presencia de maneira continuada a partires da quinta pista do disco, “Nice Church”, abrindo asi o abanico de sons que podemos atopar en este traballo. Permítese así unha aproximación á música pop que logra funcionar de maneira axeitada, sen romper a coherencia coas cancións máis rockeiras. Esta proposta máis accesible pódese apreciar perfectamente no enérxico pop da canción “The Friend Thinker”.

As letras de este “Render Me Numb, Trivial Violence” reflexionan sobre a sociedade actual, confusa e perdida en un mundo no que a tecnoloxía comeza a avanzar máis rápido do que somos capaces de asimilar e a cada máis frecuente insensibilización ante a violencia. Josu, Lore, Lander e Cris conseguen firmar con este disco unha obra de madurez que semella confirmar que o éxito de Belako non se debía unicamente ao hype dos dous primeiros álbumes. O cuarteto de Mungia reivindícanse como un proxecto musical a nivel estatal xa consolidado ao que non deberemos perder a pista nos seus seguintes traballos.

Belako