Varry Brava – Furor

16/02/18 • Hook ediciones musicales

por | Feb 23, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Recordo con cariño os comezos de Varry Brava. Foi un momento moi recente na miña post-adolescencia no que me sacaba de enriba moitos prexuízos musicais. Entre eles, estaba o son dance típico da Movida Madrileña e dos oitenta estatais. Así, naqueles tempos do primeiro álbum dos murcianos, Demasié (2012), atopaba entre as miñas mellores experiencias en concertos ver a Varry Brava en directo. Porque, a verdade, é que teñen un directo de envexa, onde non podes parar de bailar e de mover os pés durante a duración deste. E esa sensación, cada vez que os Varry Brava sacan un álbum, tenta reproducirse. Sen embargo, cada vez que o tempo pasa, a frescura desaparece máis, as cancións chaman menos a un baile novo e diferente, e a ilusión faise máis borrosa.

As cancións dos murcianos nunca tiveron letras profundas, nas que sentirse identificado. Son cancións sobre bailar, sobre onde bailar, sobre con quen bailar, cun ton romántico na súa maioría, invitando ao baile coa persoa da que estás namorada. Musicalmente, ademais, funcionan igual, comezando suave, esperando un “boom” no tema para lanzarte a un baile incesable que sempre, sempre, sempre chega. E a primeira vez encanta, mais a repetición da mesma xogada durante catro albumes, cansa.

Non se pode dicir moito máis dos de Murcia. Non se pode invitar a ninguén a escoitar a discografía deles, nin se pode falar disco a disco dun grupo que, se ben en directo dan una experiencia interesante, non fan máis que repetir unha fórmula que naceu fresca, mais gastouse moi pronto.

E é que un dos problemas, ou o máis grave de Varry Brava, é que nunca tentaron e, a este paso, nunca tentarán chegar a algo máis. Descubriron a fórmula que os levou a un éxito medio no seu estilo, e acomodáronse nel. Sen embargo, aqueles que nos namoramos en Demasié e esperamos algo máis, algo novo, en Arriva (2014) e nunca o atopamos, á hora de achegarnos a Safari Emocional (2016) e agora a este Furor, e seguimos vendo o mesmo de sempre, pero peor, non atopamos máis que decepción nun grupo que nos encantou.

Varry Brava