U.S. Girls – In a Poem Unlimited

16/02/18 • 4AD

U.S. Girls é o proxecto musical da artista americana Meghan Remy, xurdido no ano 2007. E “In a Poem Unlimited” é xa su sexto lanzamento de estudio baixo este nome. Un álbum de mestizaxe no que a música pop é cruzada con elementos máis propios de outros xéneros como o rock, a psicodelia ou o jazz.

Dende a primeira canción “Velvet 4 Sale” atopamos unha instrumentación moi rica e variada na que destacan as guitarras cargadas de fectos e os instrumentos de ventos que se entrelazan sobre uns ritmos pausados. En “Incidental Boogie” a enerxía e as guitarras distorsionadas gañan protagonismo mentres que en “Rage of Plastics” e en “Pearly Gates” os tempos bailables son os que marcan o compás, e cobran especial peso as influencias setenteiras, que serven como base para unas interpretacións vocais de Meghan Remy que resultan axeitadas en todo momento.

Sen embargo a canción máis destacable sen lugar a dúbidas en todo este traballo é a pista que pecha o disco, “Time”, unha pista que con unha duración de case oito minutos logra xuntar de unha maneira completamente acertada todos os elementos que apareceron previamente no disco, os ritmos bailables apoiados por numerosos instrumentos de percusión, guitarras, e sobre todo un saxofón que se sabe mover libremente ao longo da segunda metade da canción como se dunha jam de jazz se tratase. Unha excelente canción pop que non se deixa limitar a si mesma polas regras do xénero.

“In a Poem Unlimited” destaca por ser un traballo variado mais que logra ser coherente e cohesionado en todo momento. Este disco permite unha escoita entretida e interesante ao mesmo tempo, sen deixar lugar a momentos de recheo ou nos que non se exploren novas ideas. Sen chegar a resultar brillante, trátase sen dúbida de un dos álbumes más sólidos do que vai de ano.

U.S. Girls