por | Feb 23, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Trajano!, Bad Gyal, Kings of the Beach… Estas son as nosas seleccións desta semana.

Esta fin de semana, a diferencia doutras, atopamos moitas cousas que nos gustan moito a nivel nacional e estatal, cando normalmente ímonos ás Américas para atopar as cousas das que temos moitas, moitas ganas. Esta semana, atopámonos con albumes de Screaming Females (de quenes destacabamos un tema na nosa lista emanal), Frigs, Caroline Rose, novo EP de Kero Kero Bonito… E a nivel estatal, aparte das que imos destacar, temos novos traballos de Niño de Elche, Belako, Dinero, Espanto… E, entre outras moitas, destacamos:
  • Bad Gyal: Novo traballo da de Barcelona, que, en 10 minutos deixaranos grandes temas dos que desfrutar e bailar. É o seu primeiro traballo en modo mixtape dende Slow Wine Mixtape (2016), e viña de sacar neste mesmo ano o single Blink.
  • Trajano!: Xa falamos anteriormente dos adiantos de Trajano!, introducíndoos nas nosas listas semanais, entre outras cousas. Hoxe, por fin, podemos desfrutar do seu álbum en completo, e non podíamos estar máis contentos.
  • Kings of the Beach: Onte tocaban en Santiago. Hoxe, en Vigo. Mañá, en A Coruña. E, entre todo isto, sacan o seu novo LP, chamado Super Awkward, Fucking Awesome. Que, por certo, será o seu primeiro. Fai uns días faciámonos eco do seu adianto Blisters On My Teeth.

Trajano!

Bad Gyal

Kings of the Beach