Sufjan Stevens e Natalia Lafourcade, entre os oito músicos que actuarán nos Oscar

A Academia do cinema estadounidense vén de anunciar esta mañá aqueles artistas que realizarán actuacións musicais na gala. Esta lista está conformada por todos os artistas nomeados na categoría a mellor canción máis Gael García Bernal. O certo é que nós morremos de ganas de ver a músicos como Sufjan Stevens, Natalia Lafourcade ou Miguel actuando na entrega de premios máis mediática do mundo.