por | Feb 23, 2018 | Música, Novas | 0 comments

Elliott Murphy, Love of Lesbian ou Eskorzo, entre os primeiros confirmados do Festival da Luz 2018

Xa hai datas para a nova edición do Festival da Luz. Será os días 7, 8 e 9 de setembro en Boimorto. A súa impulsora, a artista Luz Casal –que actuará nuns días no Auditorio Mar de Vigo–, confirmou este martes a presencia no certame de Love of Lesbian, Eskorzo, Elliot Murphy & Olivier Durand, Mi Capitán, Vargas Blues Band, Javi Maneiro, Furious Monkey House, Agoraphobia, Riff Raff, Los Motores, Xoán Curiel ou Pandereteiras de Verducido.

O festival reafírmase na súa proposta ecléctica, apostando como marca da casa pola mistura de artistas, disciplinas e públicos que conviven sen prexuizos e en total harmonía durante tres días nun entorno único. A recadación irá destinada este ano a un centro para maiores en Boimorto e para a loita contra os incendios.