por | Feb 22, 2018 | Música, Novidades |

Kaydy Cain estrea Si Me Meten Preso

Co seu xa coñecido e marcado estilo latino, cada vez máis alonxado do trap que o levou á fama, Kaydy Cain estrea hoxe Si Me Meten Preso, onde, coma o propio nome do tema indica, D. Gómez mostra as súas preocupacións e pensamentos sobre que pasaría se o meten no cárcere, facendo fincapé na importancia que para el, nesta situación, terían os bicos da persoa que ama. No videoclip, véselle cometendo un intercambio de drogas xunto a Marco Italia.

Si Me Meten Preso foi producida por Vietnam Estudio. O videoclip, por outra banda, conta con Guillermo Mendo na dirección e con Miguel Mendez como director de fotografía.

Kaydy Cain