Select Page

por | Feb 22, 2018 | Música, Novidades |

Janelle Monae volve cinco anos despois por partida doble con Make Me Feel e Django Jane

Xa van anos dende que Janelle Monáe saíu á escena e se posicionou como revitalizadora do rythm and blues americano co seu magnífico The ArchAndroid (2010). Tres anos despois, en 2013, estreara outro gran álbum chamado The Electric Lady. Sen embargo, dende entón, exceptuando o seu para moitas fallido Yoga, non tivemos máis noticias musicais sobre ela. Si, sen embargo, foi unha das miradas máis coñecidas do cinema estadounidense, facéndose adaíl dos movementos feministas e anti-racistas liberais do momento, sendo unha das persoas claves destes movementos en Hollywood, e estreándose como actriz en filmes como Moonlight e Hidden Figures. Agora, por fin, volve á música cun doble estreo para o seu próximo álbum, Dirty Computer, marcados pola liña marcadamente política que Janelle colleu nestes últimos anos. Os adiantos elixidos para isto son Make Me Feel e Django Jane.

En relación ao álbum, Janelle Monae declarou para Zane Lowe en Beats 1: “Tiña este título e este concepto en mente dende antes do meu primeiro álbum, The ArchAndroid, e asústame moito porque moitas das cousas que sabía que necesitaba dicir eran moi profundas, moi persoais, dende o fondo do meu corazón. Trátase dun álbum moi vulnerable, e levoume un tempo facelo porque edito eu mesma os meus discos“. Dirty Computer sairá ao mercado o día 27 de abril.

Janelle Monáe