Ferran Palau – Blanc

09/02/18 • Autoeditado

por | Feb 22, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Entre L’aigua Del Rierol (2012) e Santa Ferida (2015) hai tres anos. E, o certo, é que entre ambos albumes podíamos observar como o son de Ferran Palau adquiría unha madurez necesaria. De novo, dende o de 2015, pasaron outros tres anos ata a saída deste Blanc. E, unha vez máis, o tempo non pasou en vano. De feito, o traballo que Palau presentaba con Anímic moitas veces non soaba tan diferente na mesma liña presentada dun álbum a outro porque, posiblemente, o ritmo de traballo levado no grupo non é tan amable. Non son moitos os artistas que na actualidade se permiten unha pausa tan longa para pór as súas cousas en orde, mais cando chegan aos nosos oídos discos coma este, sen dúbida vemos por que ás veces é necesario poñer stop á creación, coller aire e empezar a compoñer letra e música dende unha situación de tranquilidade, deixando ás musas e ás experiencias facer o seu traballo.

Con A dins, damos comezo a unha viaxe na que a sensación de tranquilidade morriñenta leva todas as papeletas. Onde a tristeza, case sempre mirando ao pasado, cunha beleza brutal, será protagonista. E é que na maioría de temas do álbum, Palau mirará ao pasado con ternura e melancolía, enchendo o disco de cancións coas que, cunha manta por riba, poderemos alcanzar o nirvana os días de choiva. Como principal sinxelo para promocionar o álbum, Ferran Palau regalounos Serà un abisme. Se ben o ton desalentador continúa, neste tema presenta unha perspectiva diferente. Aquí, o pesar preséntase dende unha posición presente, onde Ferran compara o amor que sinte cun abismo no que caer, mais ao mesmo fala dun paraíso no que perderse, mostrando unha dicotomía que define perfectamente cun “No hi ha fortuna més cruel/Ni res tan dolç”. En Cavall blanc, a produción dunha modernidade exemplar, onde guitarras e ecos comparten espazos, cobra vida nunha canción de ritmo máis lento incluso que o resto do que levamos de álbum. Nela, como en Serà un abisme e a diferencia do resto de cancións que van do álbum, Ferran Palau decide deixar de lado os recordos do pasado e comezar a pensar no futuro. Un futuro no que Palau non sabe “què faria, què diria, què diré”, incerto.

Sen chegar a unha demostración de ansiedade, Palau mostra un sentimento de tristeza igual que no resto de álbum, de desgana. É bastante notable a creación ambiental que Palau crea ata chegar a esta canción, xa que crea unha presentación dos pensamentos futuros a través dun recordo continuo do pasado, pasando ao presente en Serà un abisme, para chegar a elucubrar o que pode pasar despois nesta Cavall blanc. E, despois disto, como un golpe, Res volve para afundirnos na melancolía ata o final do disco. Blanc supón un novo paso adiante para Ferran Palau. Unha mostra de bela sinceridade, de melancolía e tristeza, na que, aínda así, presente e futuro teñen presencia. Un disco ben construído, cunha produción vangardística que serve de cama para as letras do esparreguerí.

Ferran Palau