Select Page

Dez novos artistas presentarán os premios na próxima gala dos Oscar

Dez novos artistas presentarán os premios na próxima gala dos Oscar

Esta mañá a Academia deu a coñecer o nome de 10 presentadores máis na próxima gala dos premios Ocars que se celebrerá o 4 de marzo. Os nomes que xa anunciados foran os de Mahershala Ali, Chadwick Boseman, Viola Davis, Laura Dern, Jennifer Garner, Greta Gerwig, Tiffany Haddish, Tom Holland, Kumail Nanjiani, Margot Robbie, Emma Stone e Daniela Vega. En palabras do productor Michael De Luca, as novas incorporacións son artistas que representan algúns dos filmes máis apreciados por esta xeración.

Estes nomes son os de Gal Gadot, coñecida sobre todo por encarnar a Wonder Woman na última producción de 2017; Mark Hamill, por encarnar a Luke Skywalker na saga de Star Wars; Armie Hammer, polo seu recente papel en Call me by your name e outres filmes nominados aos premios da Academia como A rede social ou Animais nocturnos; Oscar Isaac, pola súa participación nas últimas entregas de Star Wars ou a película dos irmáns Coen Inside Llewyn Davis; Lin-Manuel Miranda pola súa galardoada carreira como compositor, dramaturgo e actor, especialmente no musical Hamilton, e polas súas composicións musicais como a do filme Moana; Gina Rodriguez, coñecida por poñer voz a unha das personaxes no filme Ferdinand; Eva Marie Saint, pola súa prolífica carreira entre a que destacan filmes como North by Northwest ou a máis recente Winter’s Tale; Wes Studi, pola súa aparición en filmes como a premiada Avatar; Kelly Marie Tran polo seu traballo en películas como a última entrega da saga Star Wars; e Zendaya, polas súas interpretacións en Spider-Man: Homecoming ou O Gran Showman.