Natos y Waor – Cicatrices

09/02/18 • Autoeditado

por | Feb 21, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Cada día que pasa faise máis sinxelo o de ter que presentar a Natos y Waor. De feito, xa é bastante simple, non? Levan dende 2012 facéndose un nome no mundo do rap estatal, sacando sinxelo tan sinxelo rompedor de pistas, animando calquera festa e soando en máis dun local no que a máis de un lle pode sorprender escoitalos. E, a verdade, van sendo horas de reivindicalos para calquera con un par de oídos. Non son novos nisto, levan ano a ano sorprendendo para mellor. De Caja Negra (2014) a Martes 13 (2015) só hai un ano, e un ano despois sacaron o marabilloso álbum colaborativo con Recycled J, Hijos de la Ruina Vol. 2 (2016). Sen cesar durante toda esta produción, cada vez mellor (destacando a gran Botella Para Dos), ían completando a súa serie Barras Bravas, con máis bos temas polo medio aínda. Entón, agora, con eles ata na sopa, alguén non os coñece?

Cicatrices supón a volta de Natos y Waor aos longos. Pola súa parte, tres anos sen sacar algo xuntos e sen colaboracións, aínda que si aparecendo en albumes coma o de Costa ou o de Recycled J durante este ano e o anterior, facendo que ambos discos presentasen mellor aspecto. Sobre todo no caso de Recycled J, co que teñen unha simbiose curiosa, mellorándose mutuamente cada vez que colaboran nalgo. Así, neste novo disco, a camaradería e colegueo con este vólvense facer patente en Pecados, onde os tres se acercan tanto como poden ao romanticismo, rapeando sobre as relacións sexuais que eles consideran especiais, e Ey Mamá, onde un baixo moog típico do funk leva o son de Natos y Waor a un punto de baile lento e sensual típico de dito estilo. Outra das grandes adquisicións para este álbum foi contar con Maka, un dos artistas máis destacados do momento nos sons do rap e o trap internacional, colaborador habitual de Dellafuente que, hoxe, decidíu deixar algo do seu talento tamén para os fillos da ruina.

Un dos momentos de máis épica do álbum ven cando Natos decide deixar a Waor a un lado e completa a canción Niño de Cristal en solitario por primeira e única vez no álbum, algo que non soe ser demasiado común nestes dous. Nela, tras varias estrofas nas que rememora os seus inicios, xa comezando cun “No me dejaban entrar al club por las pintas/Y hoy me pagan pa’ que vaya, la cosa es distinta” máis tamén deixa tempo xunto as lembranzas do seu pasado para acordarse, tamén, de C. Tangana, referenciando, de maneira similar que Kaydy Cain se acordou del na súa Perdedores del Barrio, ao seu álbum Ídolo, concretamente falando de Chito indirectamente mediante a súa canción Caballo Ganador baixo as rimas “Sólo puede haber un gallo, un caballo ganador/Que le jodan a tu sello, llegamos aquí sin major/Soy el mejor, eso ya lo sé yo”.

Sen embargo, ao lado dos puntos fortes, tamén os hai malos. Moitos dos temas que figuraron en Barras Bravas tiñan un resultado máis completo que cancións como Piratas, Balada ou Autodestrucción, destacando desta última como a peor das colaboracións que estes fixeron con Costa, onde o que moitas veces semellaba unha provocación, nesta só resulta nun egocentrismo demasiado cutre para ser tomado en serio, chegando como moito a facer unha cara de decepción no meu rostro. E é que, de feito, ata a produción de IKKI, que normalmente deixa grandes detalles de calidade, non aporta demasiado, por non dicir nada.

O regreso de Natos y Waor non chega a ser excelente. Saben, e sabemos, que poden chegar a máis. Sen ser, en absoluto, un disco malo, si que se nota que os madrileños acaban de atopar unha zona de confort. Esperemos que dita comodidade, de aquí ao futuro, non lles pase factura.

Natos y Waor