Select Page

Car Seat Headrest – Twin Fantasy

16/02/18 • Matador

por | Feb 21, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Car Seat Headrest é o proxecto en solitario lanzado polo norteamericana Will Toledo en 2010. Toledo foi gañándose un nome propio cos seus constantes discos publicados na plataforma online Bandcamp, os cales foron conseguindo cada vez unha maior atención por parte da prensa especializada. En concreto o disco que máis contribuíu a situar a Car Seat Headrest no mapa nos seus comezos foi Twin Fantasy, lanzado no ano 2011.

En este traballo composto por dez cancións, Will Toledo desenvolvía seu estilo no que se mestura o indie rock máis actual co rock alternativo dos anos 90 e letras elaboradas, todo isto baixo unha produción caseira con un son lo-fi. Todo isto segue a estar presente na nova versión de este Twin Fantasy de Car Seat Headrest que acaba de ser lanzada, exceptuando esa produción lo-fi.

Grabar de novo este disco era unha decisión cargada de riscos. Conseguir unha produción máis limpa era un obxectivo asequible mais que podería traer consigo cousas como perder boa parte da enerxía das interpretacións das cancións, ou perder parte da maxia que ese son pouco definido lle daba a estas cancións. Sen embargo podemos afirmar con seguridade que Will Toledo non caeu en ningún de estes erros.

A nova versión de Twin Fantasy é sen lugar a dúbidas a mellor versión de este disco, aquela que debes escoitar se é a primeira vez que te pos este álbum. Non perde en ningun aspecto e gaña en algúns outros. Por outra banda tampouco podo negar que esta re-grabación de este traballo non era imprescindible, a versión orixinal de Twin Fantasy estaba peor rexistrada pero non resultaba nin moito menos difícil de escoitar. Teño a sensación de que este esforzo por abrazar unha produción mais coidada e pulida podería terse aplicado a novo material musical en lugar de a cancións antigas. Sen embargo, se deixamos de lado esta cuestión, a calidade de este traballo é innegable.

Car Seat Headrest