por | Feb 20, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Father John Misty publica un novo single

“Mr. Tillman” é a nova canción de Father John Misty. Esta pista xa fora interpretada varias veces en directo mais por fin podemos escoitar a súa versión de estudio. A canción ven acompañada de un vídeo musical dirixido por Brad Strickman. Aínda non sabemos se “Mr. Tillman” é un adianto de un novo disco de Father John Misty, aínda que o músico norteamericano deixou caer un par de veces que a continuación do aclamado “Pure Comedy” lanzado o ano pasado, podería chegar máis pronto que tarde.

Father John Misty