Select Page

Bigott – Candy Valley

16/02/18 • Autoeditado

por | Feb 20, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

En este novo lanzamento o zaragozano Borja Laudo semella ter moi claro iso de que menos as veces pode ser máis. Con unha duración que non chega aos 20 minutos, Candy Valley, o novo de Bigott, ten como maior éxito que logra acadar todo o que se propón.

A cousa arranca cos temas con máis ritmo, os que se poderían considerar máis bailables. Quizáis a pista máis destacable sería Don’t Stop the Dance, a cal recorda lixeiramente aos norteamericanos Spoon, e é unha canción a medio camiño entre o indie e o pop, ben interpretada e ben producida.

Na segunda metade de este Candy Valley atopámonos con máis variedade, hai temas que non rompen por completo cos da primeira metade pero que teñen en xeral un ritmo máis pausado, como pode ser o caso de Moving On. Mais tamén atopamos pezas como o medio minuto instrumental de No Farelo con unha instrumentación consistente únicamente en unha guitarra acústica cuberta de distintos efectos. Así mesmo a canción que pecha este traballo, Stranger Eyes, plantexa unha proposta moito máis pausada e atmosférica todavía, con unha batería lenta sobre a que varias capas de sintetizadores e guitarras cargadas de reverb, ecos e distorsión vanse acumulando, por momentos funcionando como unha especie de noise rock melancólico.

Candy Valley é un lanzamento de unha duración menor á de un episodio de unha sitcom, que sen embargo é capaz de desenvolver unha proposta variada e agradable ao longo da súa extensión. De feito estou bastante convencido de que o estilo desenvolto por Bigott en este traballo funcionaría bastante peor en un formato por exemplo de uns 50 minutos. Así que en esta ocasión si que podemos afirmar que menos é máis.

Bigott