The Wombats – Beautiful People Will Ruin Your Life

09/02/18 • Autoeditado

por | Feb 19, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Xa vamos polo cuarto disco da banda de Liverpool The Wombats. O trío británico sempre foi unha de esas moitas bandas de indie rock xurdidas ao longo da década pasada que lograron facerse algo de nome mais nunca foron capaces de sobresaír ou destacar. Este cuarto traballo en lugar de romper esta tendencia, continúa a liña da corrección sen sorprender.

A pesar de isto non se pode negar que o disco arranca moi ben, Cheetah Tongue abre este Beautiful People Will Ruin Your Life e resulta a mellor canción que podemos atopar ao longo dos once cortes que compoñen este disco, trátase dun tema no que a accesibilidade e a instrumentación elaborada logran ir da man. Así mesmo Lemon to a Knife Fight serve como unha continuación axeitada, quizáis non tan interesante mais con algunhas decisións de produción curiosas e acertadas. Sen embargo dende este momento en diante comezan a sucederse as cancións unha tras outra sen deixar moitos máis detalles destacables. Quizáis Black Flamingo e White Eyes son as que máis vida logran transmitir entre o resto de temas de este disco, tendo esto como consecuencia unha segunda parte algo esquecible.

O caso de The Wombats serviría para facer unha análise extrapolable a unha chea bandas de indie rock coas que ademáis de compartir un estilo musical comparten tamén traxectorias, erros e acertos. Cancións que non están mal compostas, interpretacións que non aburren, unha produción correcta, sen embargo é moi difícil atopar algo que nos sorprenda, algo que rompa coa liñalidade e que logre ter un resultado memorable. Non atoparemos ningún elemento de risco en este disco. O indie hoxe en día non é que esté producindo música mala, senón que se trata de unha música que transmite unha certa sensación de cobardía, a cal non está tan presente en outros xéneros.

Beautiful People Will Ruin Your Life non é un disco malo, é un disco que se pode disfrutar, con unhas cantas cancións destacables, máis non é un álbum que de moitas razóns para voltar a el tras darlle un par de escoitas.

The Wombats