por | Feb 19, 2018 | Música, Novas |

Non quero quedar na casa: A Candeloria, Bad Gyal, Nuria Graham, Esteban & Manuel…

Esta semana chega cargada de concertos a Galicia. Como extra, tentamos aumentar a lista de concertos na nosa axenda. Mais, entre todo o que se nos ofrece, que podemos destacar? Non foi fácil nunha semana na que Maryland, Mando Diao, Delta Moon ou Rayden están polo noso País, mais destacamos estes tres concertos

  • Bad Gyal: Dende Barcelona, poucas artistas están tendo na actualidade tanta repercusión como Bad Gyal. Sinalada como artista de Dancehall e Alternative R&B, deu moito que falar coa sua mixtape Slow Wine. A semana pasada, ademais, estreaba o sinxelo Blink. Se eu fose vós e me gustase bailar, non ma perdería en directo.
  • Nuria Graham: O ano pasado, a tamén catalana Núria Graham sacaba fóra Does It Ring a Bell?, un fantástico disco de pop que supuña un claro paso adiante na carreira da artista dende o seu debut. Cunha fantástica e emotiva voz, estará de xira esta semana por Galicia, tendo datas en Santiago de Compostela, Ourense e Vigo.
  • Esteban & Manuel + Kings of the Beach + Aula 11. A Sala Mardi Gras vístese de gala para recibir a varios dos grupos que máis andan dando de falar e Galicia. Xa mostrabamos en xaneiro a nosa predilección por Esteban & Manuel, mais velos xunto a Kings of the Beach e Aula 11 parécenos unha gran oportunidade.

Ademais de todo isto, esta semana, do 23 ao 25, celebrarase en Lugo un dos festivais máis coñecidos no noso País: A Candeloria. Este ano, reunirá a agrupacións musicais como Non Servium, Satanic Surfers, Agoraphobia, Mafalda ou Bala. Unha oportunidade perfecta para desfrutar de grandes grupos en directo!