por | Feb 19, 2018 | Música, Novidades |

As Sesións Destelo volven con MJ Pérez interpretando Casandra

Na primeira tempada de Sesións Destelo, seis agrupacións musicais achegáronnos a súa música en sesións en acústico, dándonos a coñecer de forma directa a bandas e solistas que facían música en galego. Nela, participaron Flúe, Contenedor de Mierda, Deseqilibrio Mental, Ruxe-Ruxe, Medomedá e Alberto Busto. O proxecto, o cal nos causa gran interese, decidiu non quedarse aí, polo que agora chega unha segunda tempada que promete, entre outras cousas, máis diversidade e maior intensidade, sendo agora os vídeos feitos nun só plano-secuencia, sen cortes, para achegarnos de forma máis persoal e directa aos artistas.

MJ Pérez é a encargada de inaugurar esta segunda tempada. Para elo, Sesións Destelo situáronse con ela en Arzúa onde, entre a néboa e cunha guitarra, a artista interpreta Casandra. Casandra é o sinxelo do álbum de MJ Pérez do mesmo nome, publicado en outubro de 2017, e o seu primeiro longo de estudo. Nel, colaboran persoeiros como Serj, Richi Casás, Ailén Kendelman, Paco Cerdeira ou Martiño Cabarcos. MJ Pérez estará dando unha serie de concertos no noso País comezando neste mes de marzo.

Próximos concertos de MJ Pérez


1 de marzo – Carballo (B. Rego da Balsa)

8 de marzo – Oleiros (Teatro As Torres de Sta. Cruz)
10 de marzo – A Coruña [16M x 8M (Teatro Colón)]
16 de marzo – Laxe (A Ventana)
17 de marzo – Moaña (Var con V) 23 de marzo – Lugo Festival Lubicán

MJ Pérez