O audiovisual do país máis recoñecido no último ano chega a Sarria o sábado 24 coa III Escolma de Cinema Galego. A cita é unha ocasión única de contemplar filmes que a miúdo teñen moi pouca distribución na carteleira tradicional.

A Casa da Cultura da vila acollerá as proxeccións de Dhogs de Andrés Goteira, Esquece Monelos de Angeles Huerta, Matria de Alvaro GagoPaisaxes da Capelada de Alberto Lobelle, A Rapa das Bestas de Jaione Camborda, Qviasma de Tono Mejuto e M. (Manuel Moldes Pontevedra Suite 1983-1987) de Ángel Santos.

Despois dun día de proxeccións, a xornada rematará á noite cos concertos de Oh! Ayatollah, unha das bandas máis prometedoras do panorama galego actual, e de Contenedor de mierda, a proposta punk comandada pola cineasta Anxos Fazáns.