por | Feb 15, 2018 | Música, Novidades | 0 Comentarios

Triángulo de Amor Bizarro están de volta

A banda coruñesa Triángulo de Amor Bizarro volven despois de ter lanzado o brillante Salve Discordia en 2016 con unha nova canción titulada O Isa, unha pista moi directa e guitarreira na que sae a relucir a cara máis noise rock de Triángulo. Mais isto non é todo, temos tamén un novo disco da banda esperándonos xa á volta da esquina, El Gatopardo sairá á luz o próximo 23 de marzo a través de Mushroom Pillow Music. Queda pouco máis de un mes para poder escoitar este novo traballo de Triángulo de Amor Bizarro mais nós xa morremos das ganas de poñernos os auriculares e escoitalo unha e outra vez.

Triángulo de Amor Bizarro