Select Page

The Cloverfield Paradox: O acedo suicidio de tentar crear un universo expandido.

No que a superproduccións de Hollywood se refire, o cine vive na época dos universos extendidos, isto é cando varias obras transcurren nun mesmo mundo ficticio onde transcurren os mesmos feitos, pero non necesariamente están unidas por unha continuidade narrativa. Existían precendentes disto na literatura, pero en cine case podería dicirse que a primeira saga con universo extendido foi Star Wars e a súa popularización masiva foron as películas de Marvel Studios. Que cada vez máis sagas se sumen a este modelo ten unha explicación: Debido a que por diversos motivos producir unha película é cada vez máis caro, intentar lanzar de cero unha nova franquicia con intencións de blockbuster é un movemento suicida. As secuelas ou precuelas directas tamén limitan no sentido de que necesitas ter visto as anteriores películas para entender o que está acontecendo nesta, no universo extendido podes comezar por calquer punto. Se se xestiona ben cunha boa campaña de marketing, o éxito comercial está garantizado. E aquí é onde entra o accidentado universo de Cloverfield.

Cloverfield (Titulada no Estado español como Monstruoso) foi unha película de terror estreada en 2008 que chamou a atención pola súa curiosa campaña de viralización e que toda a película estaba filmada desde a cámara caseira dun dos protagonistas. Trataba sobre unha invasión de monstruos en Nova York e como o grupo de protagonistas intentaba sobrevivir. Pese o seu éxito en taquilla, a película non era demasiado destacable a nivel cinematográfico, pero aínda así o director e os productores comezaron a traballar nunha secuela. Esa secuela directa nunca chegou a suceder, pero o guión restrecturouse nunha peli máis humilde (5 millóns de dólares de presuposto fronte os 25 de a orixinal) que acabou sendo en 2016 a coñecida como 10 Cloverfield Lane, un spin-off da película de 2008 que sucedía practicamente nun só lugar e con tres personaxes. Conseguiu arrasar tanto en taquilla como en crítica, xa que pese a simpleza da proposta, a película gustou moito máis que a primeira. Non era tanto unha historia de aliens, rodada case de forma improvisada e con actores de segunda, se non un relato de suspense centrado nuns personaxes absolutamente verosímiles (Increíblemente interpretados por John Goodman e Mary Elizabeth Winstead), iso si, co tema dos aliens de fondo. Agora este 2018, de man de Netflix chega a terceira parte deste accidental universo, The Cloverfield Paradox.

Se Cloverfield chamou a atención pola súa elaborada campaña de publicidade, 10 Cloverfield Lane chamou a atención por que o proxecto levouse con absoluto secreto ata antes dun mes do propio estreo da peli. Dous anos despois, The Cloverfield Paradox puxo o seu primeiro e único trailer na SuperBowl do 4 de febreiro para estrearse en Netflix o día 5. Isto como campaña de anti-marketing funciona a perfección sobre todo en Internet, xa que fai que a publicidade fagase soa en redes sociais. Pero también que se vaia cunhas espectativas moi altas.

Como estou completamente seducido pola forma de promocionar das súas películas, do universo Cloverfield só me segue gustando como tal a segunda. Esta última entrega entra dentro do saco de pelis Netflix típicas: Guión de película de tarde de domingo de A3, director primerizo, valores de producción que non dan ganas de chorar e un reparto con caras medio-coñecidas, que no mellor dos casos podese dicir que traballa co piloto automático. Non existe nada verdadeiramente reseñable ou destacable desta peli, está rodada dunha forma totalmente convencional e académica, cumple pero tampouco pasa de aí. O guión é o mesmo que teremos visto 700 veces: Unha historia nunha estación espacial, cos tripulantes desta aislados da humanidade aínda que teñen que traballar para salvala e co verdadeiro peligro sendo un cosmos caótico. A ciencia ficción estadounidense xa ten moi sobado este tópico, pero e que ultimamente pareceme especialmente sangrante. A trama podes saber por que derroteros vai tirar e que xiros vai tomar pasada a primeira hora e presentado todo. Obviando algún que outro buraco no guión, queda unha peli disfrutable durante o pouco máis de hora e media que dura, pero que a risco de insistir na mesma idea, é algo que xa vimos moitas veces antes.

E logo está o tema de como consiguen cuadrar todo nun mesmo universo, que é sacándose da manga unha sub-trama que non aporta absolutamente nada o conxunto, lastra a experiencia como película e só serve para xustificar a segunda palabra do título e intentar rascar reproduccións e que a xente a comente en Twitter. 10 Cloverfield Lane non tería moita conexión coa peli orixinal, pero ao menos iso servía para que existira como un producto para ser consumido individualmente e de moita calidade. The Cloverfield Paradox parece ser unha historias de aventuras espaciais, que dalgunha forma forzaron a integrarse no universo.

Ao final da reproducción da película, non podo evitar ter unha sensación aceda. Desde Bad Robot, a productora da película, parecen coñecer perfectamente como realizar campañas de marketing dirixidas a Internet. Pero a hora da verdade, estamos aquí para falar de películas, non de publicidade. E a película, o producto como tal, é mediocre no mellor dos casos. Pero bueno, se serve para recomendar por enésima vez a excelente 10 Cloverfield Lane, pois nin tan mal.

The Cloverfield Paradox


Director
: Julius Onah
Música: Bear McCreary
Guión: Oren Uziel
Fotografía: Daniel Mindel
Ano: 2018
País: Estados Unidos

Netflix | Bad Robot | Paramount Pictures