Ravyn Lenae – Crush

09/02/18 • Atlantic Recording

por | Feb 15, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Os fans do rythm and blues e o neo-soul estamos de nora boa. Recordo cando fai anos un Frank Ocean ou un D’Angelo eran recibidos con alabanzas, con falsas promesas de recoñecementos de novos mesías, con críticas tan polas nubes que parecía que a órbita da lúa ía cambiar e esta deixaría de xirar ao redor da Terra para xirar ao redor dos deces tan altos que moitos albumes estaban a recibir. A dicir verdade, non eran notas esaxeradas. Falábase de vangarda artística. De momentos musicais inigualables que darían de si unha escola antes descoñecida. E así foi. De feito, falaba de Frank Ocean e de D’Angelo, sendo clara a influenza do segundo sobre o primeiro. Ao igual que estaban eles, tamén estaban Janelle Monáe, bebendo influenza directa de Erikah Badu e Lauryn Hill. Outra ramificación da vangarda que tamén se materializou. E de todo aquelo hoxe temos xente como Jamila Woods, Steve Lacy, Kevin Abstract ou, como non, da que estamos a falar hoxe: Ravyn Lenae.

Todo o dito anteriormente está recollido nos 16 minutos de duración de Crush, onde, sen demasiada complicación lírica, Ravyn Lenae consegue dar un bo EP dos estilos mencionados ao principio. Son moitos os “woo-ho” e “oh-oh” que completan a letra dos temas, e o fan con gancho, sen resultar pesados nin molestos, e aumentando a capacidade vocal de Ravyn. En xeral, as letras son de temática branda, onde o amor e as relacións románticas son as protagonistas. Estas relacións románticas son expresadas en dúas ocasións, en Computer Luv e 4 Leaf Clover, coa axuda de Steve Lacy, que a axuda a facer a parte masculina dos temas. A colaboración de Lacy non remata aquí, senón que tamén figura de produtor e co-escritor das cancións. Lacy recupera moitas das guitarras que fixeron de algo especial o seu EP Steve Lacy’s Demo (2017), dándolle un toque lo-fi moi interesante e hipnótico.

As referencias e influencias son claramente recollidas no álbum. O resultado? Moi, moi decente. Ravyn Lenae soa moderna e sensual. Recolle as herdanzas dunha vangarda artística e consegue materializar un presente moi vivo.

Ravyn Lenae