Christina Rosenvinge – Un Hombre Rubio

09/02/18 • El Segell del Primavera

por | Feb 15, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

«HOMBRE: del latín homo -is. Ser animado racional, varón o mujer»

Para seu décimo disco en solitario (que se di pronto), Christina Rosenvinge decidiu buscar a definición que se da da palabra “hombre” no diccionario da Real Academia Española, para construír unha serie de identidades distintas dende as que expresarse nas letras de este novo traballo, as cales serían segundo a propia artista fillos, pais, amantes, así como ela mesma.

Romance de la Plata é a primeira canción que se compuxo para este Un Hombre Rubio, en ela Christina fai unha pequena homenaxe a seu pai e plantexa un estilo sonoro que se seguerá ao longo do resto do disco. Unha revisión do rock alternativo pausado e con atmosferas densas que soamente   se rompe en momentos  nos que a música se volve máis directa,  quizáis facendo un lixeiro eco ao The Rise and Fall of Ziggy Stardust and the Spiders from Mars de David Bowie ao que Christina confesou ter voltado recentemente tras a morte do músico británico. Precisamente o tramo final de Romance de la Plata é un dos momentos mais satisfactorios do disco con unha subida de intensidade marcada por unha batería enérxica e intrincada.

Sen embargo foi quizáis a segunda metade do disco a que me resultou máis satisfactoria, con cancións como Niña Animal na que unhas estrofas pausadas e con unha batería electrónica rompen en uns potentes estribillos, ou o ritmo atrapante e sen pausa de Berta Multiplicada, mais quizáis a canción que máis destacaría de todo este traballo sería Afónico, o corte que pecha o disco, que conta con unhas harmonías interesantes, unha batería que mantén un equilibrio entre seguir o ritmo de maneira marcada e ao mesmo tempo engadir un elemento de certa complexidade. Mais por enriba de todo o que máis destaca en esta canción é a interpretación vocal que se sabe mover por varios rexistros distintos engadindo un elemento de dinamismo que non está tan presente en outras cancións.

Un Hombre Rubio ten moitas cousas destacables, é sen dúbida un disco musicalmente atractivo, sabe do que quere falar, é unha obra de madurez, na que Christina Rosenvinge sabe desenvolver seu son, ir pulindo aqueles elementos que non funcionan moi ben e engadindo novas ideas ao mesmo tempo. O único que se bota en falta quizais é algo máis de atrevemento e risco, xa que este disco se ben é interesante non é rompedor. A pesares de isto, trátase sen dúbida de un dos lanzamentos de esta semana aos que se lles debe dar unha escoita obrigada.

Christina Rosenvinge