por | Feb 14, 2018 | Música, Novas | 0 comments

Trent Reznor publica unha playlist para escoitar en solitario o día de San Valentín

Con un certo tono irónico e case recoñecendo ese compoñente de outsider que sempre ocupou Trent Reznor no mundo da industria musical, este 14 de febrerio, coñecido por algúns como o día dos namorados, Reznor compartiu a través dos perfís de Spotify e Apple Music de Nine Inch Nails unha playlist conformada por cancións instrumentais pertencentes á discografía da xa mítica banda de industrial e ao traballo de composición para o cine que leva a cabo xunto a Atticus Ross. Esta playlist titúlase Better Alone e o propio Reznor defínea como unha colección de cancións “pensada para escoitar a soas, con escuridade opcional mais recomendable”.

Trent Reznor