Select Page

Ezra Furman – Transangelic Exodus

09/02/18 • Bella Union

por | Feb 14, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

O cuarto traballo en solitario de Ezra Furman é sen lugar a dúbidas unha escoita ben curiosa. Trátase de un ambicioso disco conceptual cargado de moita narrativa. Furman conta en este Transangelic Exodus unha historia de certo aspecto sobrenatural na que unha parella homosexual ten que fuxir da xustiza despois de que un de eles se sometese a unha operación para convertirse en un anxo.

Este elemento narrativo do disco semella por momentos ter máis peso que a parte estrictamente musical. Sen embargo isto non quere dicir que non sexa un disco con cancións especialmente interesantes. A instrumentación é variada e as interpretacións veñen cargadas de moita actitude. Pódese percibir a influencia de artistas como Deerhunter ou mesmo St. Vincent ao longo de todo o traballo, o cal se move entre as cordenadas do pop e do rock experimental. A primeira canción do disco, Suck the Blood From My Wound, ten presentes todos estes elementos. En xeral todas as decisións instrumentais resultan acertadas exceptuando quizáis detalles puntuais como as trompetas de No Place, as cales resultan un pouco obvias, case coma un cliché.

O maior erro de este novo traballo de Ezra Furman é quizáis que, a pesares de resultar interesante, non conta con ningún momento memorable no musical, tendo esto como consecuencia que o único co que nos quedemos tras escoitar este disco sexa a súa chamativa e metafórica historia. Esto pode resultar problemático xa que ao fin e ao cabo a parte musical é a que máis peso debería ter á hora de facer un disco, sendo outros elementos como a letra complementos (prescindibles) que o que deberían buscar e impulsar a música máis alá mantendo unha relación un certo simbiótica, mais sen cobrar un papel protagonista. Sen embargo tampouco é o caso en este disco que a música non mereza a nosa atención, os xogos ritmicos en pistas Maraschino-Red Dress $8.99 at Goodwill, por exemplo, ben que merecen a nosa atención, e quizáis esta falta de momentos concretos que queden na nosa memoria tras escoitar esta colección de cancións sexa únicamente a diferencia entre un disco notable e un sobresaínte.

Ezra Furman