Select Page

Apartamentos Acapulco – Las Cuatro Esquinas

09/02/18 • El Volcán Música & El Ejército Rojo

por | Feb 14, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

O ano pasado, Apartamentos Acapulco sacaba fora Nuevos Testamentos, no que deixaba ver unha gran influencia shoegaze de grupos como Slowdive, My Bloody Valentine ou The Jesus and Mary Chain, deixando unha obra de pop ruidoso moi preciosa e sinxela de escoitar. Sen darse moito tempo, sacan agora este pequeno EP de 13 minutos, Las Cuatro Esquinas, onde en catro temas deixan de novo ver o seu gusto polo son sucio oitentero. De feito, neste traballo soan incluso máis sucios que no longo do ano anterior, polo que se nos pon sobre a mesa unha pequena novidade, e facendo deste novo traballo algo novo por si mesmo, unha pequena evolución no grupo.

Nas catro cancións, a presencia das guitarras é esencial. Axuda a comezar as cancións, trabállaas, e conseguen darlle profundidade. Soan á vez que as voces de Angelina e Ismael, seguindo o que eles están a cantar, dándolle máis profundidade musical ao que eles expresan coas palabras.

Con aire melancólico, o novo de Apartamentos Acapulco supón un pequeno espazo de reflexión, onde en dez minutos se conecta coa música e cos sentimentos que queren transmitir, onde a tristeza, a morriña e o amor perdido son protagonistas.

Apartamentos Acapulco