Select Page

MGMT – Little Dark Age

09/02/18 • Columbia Records

por | Feb 13, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Escoitando este novo traballo de MGMT non podo evitar sentir a sensación de que me atopo ante unha especie de monstro de Frankenstein musical. Todos os elementos que compoñen este disco xa os puidemos escoitar en outros lugares previamente, hai de novo un pouco de psicodelia dos anos 60 (e tamén un pouco de Tame Impala) esta vez combinada con certos sons que nos aproximan ao synthpop e á new wave dos anos 80.

E si, non é nada novo esto de coller influencias de aquí e de alá para dar forma ao son de un disco, a cousa é que o resultado final semella falto de vida. Pezas xuntadas un pouco sen ton nin son dando forma a un producto con un certo aire de zombie. Non é que non haxa cousas interesantes en este Little Dark Age, a pista que abre o disco, titulada She Works Out Too Much, ten bo ritmo e unha liña de baixo chamativa. En When You Die a voz destaca un pouco máis que en outras cancións do disco, mais o problema principal segue a estar ahí.

A semana pasada falando do disco de Anna Burch comentaba que seu maior acerto para mín era a súa honestidade. Sinto un pouco que algo máis de honestidade é xusto o que precisaría este novo álbum de MGMT. Honestidade coa música que fixeron, cos sons que produciron e coa maneira coa que están interpretados xa que non podo evitar ter unha sensación constante de que pouco se quería transmitir con este traballo.

As modificacións no son de MGMT seguen un camiño semellante ao do exitoso Currents de Tame Impala, abrazando as influencias do pop oitenteiro, mais en este caso non podemos atopar ningunha canción tan destacada e efectiva como si o foron Let It Happen ou The Less I Know The Better. Este novo disco de MGMT non está mal producido nin é difícil de escoitar, pero fracasa á hora de conseguir que conectemos coa súa proposta de unha maneira que non sexa absolutamente superficial.

MGMT