Meus – Meus

05/02/18 • Discos Walden

por | Feb 12, 2018 | Discos, Música | 0 comments

Meus é un disco de extremos. O dúo formado por Santi Z. á guitarra, voces e teclados xunto con Alberto Cardona á batería, voces e “cacharros” móvese entre momentos acústicos, pezas que xogan coa experimentación electrónica e cancións guitarreiras que son puro noise rock. Dende a primeira escoita percíbese que se trata de un disco que se grabou sen poñer ningunha regra de por medio, no que semella que toda idea podería ter cabida. E en certa maneira éste é o maior acerto e o maior defecto de este álbum.

Tanto o tipo de cancións que nos atopamos en Meus, como a maneira en que están grabadas e como están interpretadas logra transmitir unha xenuína sensación de liberdade e de espontaneidade. A grabación, levada a cabo por Julián Goicoa ten un certo aire lo-fi, e unha produción que poderiamos considerar como minimalista. Non hai ningún momento en todo o disco que semelle ser imposible de replicar en directo polos dous membros de Meus.

Sen embargo tampouco podemos ignorar que esta constante liberdade no son de este disco ten como consecuencia en moitos momentos que transmita unha sensación un tanto caótica. En ningún momento en todo o disco hai unha dirección musical clara. Temas acústicos como En Sueños, a pista que abre o disco pouco teñen que ver coa distorsión de Broma Infinita ou El Agujero (Morente) ou cos sons electrónicos de cancións como entre outras a que pecha este traballo, titulada Sudor Frío.

En xeral Meus resulta un disco interesante, moi atrevido en certas cuestións mais tamén non moi funcional en outras. É por isto último que quizáis teña a sensación de que non sexa un álbum que funcione moi ben como conxunto, hai ideas interesantes en varios momentos pero é dificir entender esta colección de cancións como un todo, converténdoo de esta maneira en unha escoita difícil. Se non vedes un problema en que un disco non teña un son definido ou en que a produción non esté traballada de maneira meticulosa, dádelle unha escoita a este álbum porque de seguro que atoparedes cousas interesantes.

Meus