Select Page

Natalia Lafourcade, Meus, Ezra Furman… estas son as nosas seleccións desta semana.

Unha semana máis, chega o venres e volvemos pór atención ás saídas musicais desta semana. Entre os máis sonados, MGMT e Franz Ferdinand son as principais novidades. Pero hai moitas máis: Apartamentos Acapulco, Christina Rosevinge, La Otra, Palm, The Wombats… Pero, entre todo, quixemos quedarnos con estes:

  1. Meus – Meus. Alberto Cardona e Santi Zubizarreta son Meus. Trátase dun grupo galego entre o folk e o noise. Foi gravado en maio, e agora Discos Walden o publica en físico. Saíu o día 5, pero non queríamos deixar esta sección sen destacalo.
  2. Natalia Lafourcade – Musas Vol. 2. O ano pasado, Natalia Lafourcade sorprendía con Musas, un álbum marabilloso onde o mellor do folclore latinoamericano soaba como nunca. Por se nos parecía pouco, este segundo volume promete ser igual de precioso que o primeiro.
  3. Ezra Furman – Transangelic Exodus. Dende o seu debut, o camiño de Ezra Furman só foi cara arriba. Transangelic Exodus é xa o seu cuarto longo, e sen dúbida imos comprobar como unha carreira como a de Ezra só pode ir cara adiante.