Efrim Manuel Menuck – Pissing Stars

02/02/18 • Constellation

por | Feb 9, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Sería inxusto medir a calidade artística e musical deste traballo sin abstraerse da súa comparación con todo o que representa Godspeed you! Black emperor, o recoñecido colectivo do que Efrim Manuel Menuck é membro fundador. Pissing stars é o seu último disco en solitario, que si ben non debe ser equiparado con GY!BE, sí debe ser concebido como un anexo deses outros proxectos nos que o canadiense desenvolve a súa tarefa (ademais de GY!BE, Thee Silver Mt. Zion Memorial Orchestra). En todos eles se poden apreciar de modo obxectivo as similitudes que comparten na forma e no contido.

En GY!BE atopamos un mundo alienado, de corpos que repiten as súas rutinas e aceptan o silencio de ser dominados. A palabra ‘Hope’ fúndese sobre imaxes decadentes, como si ela mesma loitara por sobrevivir; a instrumentación é moi amplia e variada mentres que a música que adoita organizarse ao redor de voz narrada é tráxica e grandilocuente, como si no medio das ruinas e do sometemento se escondera algo que vai emerxendo ata romper con esa planicie existencial; o son, escuro e moitas veces orgánico, consigue non perder nin un pouco do seu peso, creando estructuras harmónicas moi propias.

Pissing stars conta con moitos menos recursos instrumentais que GY!BE, mais os obxectivos son moi parellos. Según Efrim Manuel Menuck, a historia deste álbum inspírase na unión entre dúas persoaxes enraizadas no entretemento superficial, na riqueza e no asasinato . A idea principal é que esta relación resulta nunha forza oposta, o amor: “Esta parella vulgar tamén era amor. Privilexiados da destrucción e da auto-alienación pero tamén do amor”.

Esta historia é empregada, básicamente, para facer crítica das condicións materiais de existencia da actualidade dende unha aplicación metafísica: o corpo non só como materia biolóxica suxeita a unha realidade decadente, senón que tamén como fonte de pulsións. Isto podémolo entender así dende o propio título: a luz que emiten as ‘estrelas’ relaciónase simbólicamente con esa busca trascendental do que hai máis alá do material. As ruinas son expostas á maneira dunha sinfonía, como os compositores contemporáneos que conservan os tempos difuminando os conceptos de harmonía ou melodía para que a música vague á deriva.

O son abraza os corpos e a palabra ‘Hope’ permanece aí, como un presente de esperanza pelexando contra o seu propio destino destructor, mentres a violencia das ondas sonoras nega outras experiencias. A distorsión de guitarra anega o plano musical, que se completa de voces procesadas, drone, zumbidos sinistros, retroalimentación e moito ruído. Xunto a esta densidade musical abstracta e embarullada, coexisten outro tipo de sons, máis limpos e máis claros, de sintetizadores modulares e elementos de rango vocal que remarcan a dicotomía do contido lírico da obra.

Deste modo, pasaráse de todo o caos e abstracción musical do principio a unha parte final moito máis relaxada. A separación entre as dúas partes márcaa o sexto corte, (A lamb in the land of payday loans) dominado por un bucle rítmico analóxico e guitarras próximas ao garage punk que fan deste o tema máis convencional de todo o conxunto.

Tampouco se pode medir este traballo co raseiro que aplicamos a outros artistas. Quizáis porque a súa non sexa unha música convencional nin prosaica, ou porque a súa música sexa doutro tipo: unha busca de trascendencia a través da imanencia de sons e imaxes que estes trasmiten. Non é precisa a idea de estructuras musicais, o que precisa Menuck é dun espazo no que asentarse; unha imaxe ou sensación mental de partida. E ese espazo atópao en todo aquilo que non é manufacturado.

Efrim Manuel Menuck