Select Page

Anna Burch – Quit the Curse

02/02/18 • Heavenly Recordings

por | Feb 9, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

O que máis me gusta do disco de debut en solitario de Anna Burch, a quen podíamos ter escoitado previamente en Frontier Ruckus ou en Failed Flowers, é que me transmite unha sensación de total honestidade. É un álbum no que se atopan completamente ausentes calquera tipo de grandes pretensións. Quit the Curse resulta un traballo sinxelo, que se move entre os mundos do indie-rock e o folk e que funciona perfectamente.

Tampouco hai que negar que Anna Burch non nos plantexa unha proposta que poidamos considerar atrevida ou arriscada. O termo zona de confort acostuma a empregarse con  frecuencia con unhas connotacións negativas. Penso que este disco móvese dentro da zona de confort da cantautora de Michigan, mais non vexo que esto supoña algo malo. A música na que Anna se atopa máis cómoda é aquela na que é capaz de expresarse mellor, e se ven non explora novos camiños no mundo do indie, trátase de un disco no que todo encaixa no seu lugar axeitado.

A música de Quit the Curse é agradable, cálida e coñecida, como a sensación que sintes cando entras no teu fogar despois de estar un tempo fóra. Como eses días nos que non che aconteceu nada malo mais tampouco nada especialmente emocionante. Pero o novo de Anna Burch, ao igual que eses días, é un traballo que quizáis se esqueza co tempo. E isto é algo que entendo é que ao mesmo tempo transmíteme certa pena. O principal problema de este disco é que non fascina, é que polo tanto da poucas razóns para voltar a el tras darlle unhas cantas escoitas.

Sen embargo isto non quere dicir que Quit the Curse non mereza que lle adiquemos polo menos un momento para darlle unha escoita, trátase de un disco ben composto, ben grabado e ben interpretado, que sen dúbida recomendamos.

Anna Burch