Elisa e Marcela, a historia que Coixet quere que coñezas

Os nomes destas dúas mulleres pasaron onte de boca en boca. Marcela e Elisa foron as primeiras lesbianas en contraer matrimonio en España, e esta é a súa historia.

Onte coñecimos a novidade: a gran triunfadora dos Goya, Isabel Coixet, planea levar á gran pantalla esta historia de amor entre dúas mulleres, dispostas a todo con tal de estar xuntas.

Na actualidade o máis normal é que se lles conceda o seu dereito; o caso é que estas mestras e amantes vivían no século pasado. Concretamente, decidiron contraer matrimonio en 1901. Para conseguilo, Elisa decidiu disfrazarse de home e facerse pasar por un tal Mario Sánchez. Por desgraza, foron descubertas e obrigadas a fuxir.

Adaptacións

Sen dúbida, Coixet e o seu equipo farán un gran traballo. A versión cinematográfica é o que falta para coñecermos a estas dúas valentes.

Actualmente, o colectivo teatral A Panadaría ofrece a súa versión escénica en distintos puntos de Galicia. O trío xa recorreu as principais cidades galegas con esta revolucionaria voda, e ten programadas varias montaxes máis. Podes ver o trailer aquí.

No tocante á literatura, en 1902 se publicaba La sed de amar, de Felipe Trigo, que recollía este matrimonio lésbico cambiando os nomes das protagonistas.

Tamén o libro Agrupémonos Todas, de Isaías Lafuente, menciona o episodio como momento clave do feminismo do século XX.

Recientemente, o libro Pioneiras. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez e Nuria Díaz, recolle este episodio, entre moitos outros de mulleres que influíron na Historia. Persoas que é necesario coñecer e lembrar por todo o camiño que abriron.