Hookworms – Microshift

02/02/18 • Domino Records

por | Feb 7, 2018 | Discos, Música | 0 comments

Microshift de Hookworms é un bo disco. O quintento de rock psicodélico de Leeds desenvolve un estilo moi definido no que as guitarras e os sintetizadores van da man en cancións de ritmos rápidos, ben compostas, ben estruturadas. Hai exporación sonora, as pistas de este disco non pecan de formulaicas nin de inaccesibles. Sen embargo non me chega a namorar en ningún momento.

Microshift é un disco que disfruto ao escoitalo, hai sonidos interesantes, as cancións non aburren e por momentos mesmo pódense bailar. Ullswater é un temazo, todo hai que dicilo, é de esas cancións que todos os discos precisan ter na súa primeira metade. O problema que lle vexo a este disco é que unha vez establece os terreos polos que se vai a mover, non sorprende en ningún momento, e sobre todo, non é capaz de crear ningunha conexión emocional. É un disco bonito, agradable de escoitar pero que non transmite moito. E quizáis esto teña que ver coa interpretación da voz, correcta mais sen brillar especialmente, e unha instrumentación moi elaborada pero que non arrisca.

Boxing Day é unha excepción, é un dos poucos momentos nos que os esquemas se rompen e tanto as guitarras como os sintetizadores sorpréndenos con momentos de pura disonancia, aínda que a pesar de ese detalle non é unha das pistas máis redondas de Microshift. En Reunion os ambientes instrumentais recordan a algunhas das composicións de David Bowie e Brian Eno na segunda metade dos anos 70, e entre as capas de sintetizadores cólase por momentos o son de un saxofón.

Shortcomings por outra banda é un final axeitado para este terceiro traballo de Hookworms, un disco que todo o que ten de acertado o ten de pouco emocionante. A pesares de isto remítome ao comezo da crítica, Microshift é un bo disco, un disco que sen dúbida merece que lle dedes unha escoita, mais é unha pena o preto que queda de ser moito mellor todavía.

Hookworms