Select Page

Grupos de música, artistas e colectivos culturais mostran o seu apoio a Emilio Cao mediante o hashtag #AbsolucionEmilioCao

Hoxe, tuiter volcouse en facer Trending Topic o hashtag #AbsolucionEmilioCao, en apoio ao rapaz galego que será xulgado por formar parte das Marchas da Dignidade de 2014. A Emilio Cao, a fiscalía pídelle 5 anos e 8 meses de prisión.

En solidariedade, varios grupos de música, artistas e colectivos culturais mostraron o seu apoio ao rapaz galego, participando no hashtag ou previamente facendo publicacións en Facebook. Grupos como La Raíz ou escritores e críticos como Mario Regueira mostraron tamén o seu apoio, retuiteando á conta de apoio a Emilio.