Non quero quedar na casa: Sigilu, Rels B, Damon & Naomi…

Quen di que non hai nada que ver en Galicia? Se a semana pasada puidemos desfrutar de grandes concertos, o mellor será que esteamos atentas ao que nos traia tamén esta semana, non si? De entre todos os concertos que poderemos desfrutar, aínda que oxalá poder estar en todos, nós eliximos recomendarvos estes tres:

  • Sigilu: Os lucenses estarán este sábado 10 de febreiro en A Coruña presentando o seu primeiro traballo, Singularidad o Barbarie. Unha dose de trip-folk preciosa onde non faltan as guitarras, os baixos liviáns e os violíns rachados. Nacho Cuesta ten unha voz harmoniosa que fará que a velada non sexa aburrida.
  • Rels B: Se o trip-folk non é o voso, Rels B ofrece un show totalmente contrario. Rap, r&b e electrónica dan luz aos seus temóns. Teremos un triplo de ocasións para desfrutar del: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
  • Damon & Naomi e Thalia Zedek. Poderiamos chamalos vellas glorias, pero é mellor pensar en todo o que podemos desfrutar e aprender de xente cunha carreira tan elaborada como son Thalia, Damon e Naomi. O Café Pub Torgal volve aparecer como un dos lugares onde a cultura é máis abrazada de todo o país. Se estades en Ourense este mércores, non dubidedes en ir!

Axenda completa:

05/02/18

The Fleshtones – A Coruña (Sala Mardi Gras, 21:00)

06/02/18

Superser – Santiago de Compostela (A Reixa, 22:15)

07/02/18

The Fleshtones – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:30)

Thalia Zedek + Damon & Naomi – Ourense (Café Pop Torgal, 20:00)

Dúo Cassadó – Ourense (Teatro Principal, 20:30)

08/02/18

Lino Suricato – A Coruña (BâBâ Bar, 21:30)

Alex Rodríguez & Su Combo – A Coruña (Garufa Club, 22:30)

The Lákazans – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:00)

Rels B – Vigo (Sala Masterclub, 21:30)

Eladio y los Seres Queridos – Vigo (Mercado Progreso 41, 21:00)

09/02/18

Brigan – A Coruña (Garufa Club, 22:30)

Rels B – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:30)

The Lakazans – Vigo (La Fábrica de Chocolate, 22:00)

10/02/18

D’Callaos en acústico – Bueu (Café Aturuxo, 23:00)

Sigilu – A Coruña (Sala Mardi Gras, 22:30)

Rels B – A Coruña (Playa Club, 23:00)

Los Reyes del K.O. – Santiago de Compostela (Sala Capitol, 21:00)

Fernando Barroso – Vigo (Auditorio Municipal de Vigo, 20:30)

Immaculate Fools – Vigo (Sala Masterclub, 21:30)

Nocturnia, Talesien y Midnight Sounds – Vigo (Sala Transylvania, 19:30)