por | Feb 5, 2018 | Concertos | 0 Comentarios

FAVX: Enerxía e intensidade.

A semana pasada o trío de noise-rock FAVX pasouse por Galicia na súa xira de presentación do seu xenial novo EP titulado WELFARE, un dos nosos lanzamentos musicais favoritos no que vai de ano, e tivemos a sorte de poder velos o xoves, primeiro día de febreiro, no bar Embora en Compostela, entre unha pequena multitude que logrou ateigar o pequeno local Santiagués.

O concerto comezou de maneira suave durante o tempo suficiente para que o primeiro fogonazo de intensidade nos pillara completamente por sorpresa. Dende este momento ata o final o concerto foi un derroche de enerxía. A banda mostrábase de maneira moi sólida no escenario, entrelazando cancións entre sí para evitar todo o posible os momentos de silencio entre os temas. Sen facer pausas nen cando houbo pequenos problemas técnicos co pé do micrófono, e como únicas palabras en todo o concerto, un ‘gracias’ en voz aguda e un ‘somos FAVX’ que por fin me permitiu saír de dudas de como debemos pronunciar o nome da banda (“faux”).

As cancións en xeral soaron xenial, un son tan sucio e potente como podemos atopar nas versións de estudio mais con unhas interpretacións todavía máis cargadas de intensidade. Chamounos a atención, iso sí, que Fireking, quizáis a nosa canción favorita do EP, foi a que máis perde en directo, xa que a voz en falsetto das estrofas era un dos elementos máis característicos da mesma, o cal non se atopa presente na súa versión en directo. Pola outra banda o peche do concerto con Vanilla foi apoteósico. En definitiva, o directo de FAVX é breve pero intenso e recomendámosvos acercarvos a velos se volven a pasarse por estas terras.