CupcakKe – Ephorize

03/01/18 • Autoeditado

por | Feb 5, 2018 | Discos, Música | 0 comments

Todos os anos hai discos que, por algunha razón, deixamos de lado temporalmente, ou non lle vemos algo especial nunha primeira escoita. Ephorize, de CupcakKe, podería ser un deses albumes. Saíu á luz o 5 de xaneiro, despois que o POST- de Jeff Rosenstock, polo cal non se trata dunha cuestión de que, sabendo que estaba aí fora, non o escoitásemos. De feito, dinlle bastantes escoitas no seu momento influenciado polas moi boas críticas que estaba tendo aí fora. Non: simplemente, non lle viramos nada especial. En certas partes, recorda a Kamaiyah. Noutras moitas, a Princess Nokia. E tamén andan polo medio versos que son cantados moi similar a Kendrick Lamar ou Q-Tip. As bases, de primeiras, ademais, parecen unha produción se non simple, si vista. Mais, coas escoitas, o álbum gaña moito. E, de feito, non sería raro chegar a fin de ano lamentando que a nota que hoxe lle damos non fose suficiente.

O disco comeza con 2 Minutes, unha canción cargada de forza onde se verá por onde irán os tiros do que temos nos nosos auriculares. Tras ela, Cartoons deixará o momento máis amargo do álbum, xa que o plaxio non-intencionado á maioría de temas que Princess Nokia anda lanzando estará moi presente. Tamén resultará similar a este son o tema Duck Duck Goose, mais os momentos do retrouso e os coros en forma de orgasmo son máis que suficientes como para darlle unha personalidade máis que suficiente á canción. O mesmo ocorre neste tema cos momentos nos que Elizabeth Harris decide lanzarse no seu rap a velocidades de vertixe.

Self Interview volve dar un momento de autenticidade interesante. Nel, CupcakKe decide ter unha produción máis old-school, rememorando indirectamente o pasado dela, as súas referencias profesionais, algo interior seu, e nela aproveita para dar pinceladas dos pensamentos que andan no momento pola súa cabeza e preocupacións polo futuro.

A falta de temazos de baile reales antes, Total cubre esta necesidade. Nel, Elizabeth decide marcar unha lista rompepistas e darlle á produción unha letra sinxela e que funcione, unha necesidade de amor que busca completar.

Sen embargo, os peros son claros: algúns temas deixan unha falta de personalidade que moitos outros mostran que está aí. Outros, como Spoiled Milk Titties, deixan moito que desexar realmente, se ben o resultado final é decente, e mellora a medida que aumentan as escoitas.

Ephorize é, sen dúbida, a obra máis completa de CupcakKe. Emotivo ás veces, valente noutras ocasións. Bailable, sexual, sensual, orgulloso e sincero. E, persoalmente, xa me gusta máis agora que cando empecei a escribir todo isto.

CupcakKe