Yung Beef e Andrea Levy, de liorta en Twitter.

Onte, Andrea Levy aproveitaba en Twitter a entrevista de Yung Beef en El Mundo para defender as ideas do Partido Popular en contra da independencia de Cataluña, citando as declaracións de Fernandito Kit Kat sobre Barcelona: “En Barcelona están matando la escena underground. Intenté montar fiestas y movidas, y me sentí más rechazado que apoyado […] En Madrid hay más cultura de club y tengo 20 salas donde puedo hacer cosas“. Ante estas declaracións, Levy utilizaba as redes para levar ao seu discurso estas declaracións, engadindo “No sólo esto: está perdiendo la vanguardia, la frescura y el atraer talento cultural. Cerrándose al adentro, expulsa al afuera. Justo lo contrario de la visión cosmopolita que fue y que debería seguir siendo“. Ante estas verbas, un tuitero aproveitaba e entraba na conversa contra Levy, ao cal ela contestaba cun “Aquí somos de Yung Beef“. Sen cortarse un pelo, Fernando Gálvez contestaba ao chío cun “Pues yo creo que yung beef te vaciaria un cargador en la pierna si pudiera“, levantando a todo tuiter a animar as súas declaracións, e sen recibir nova resposta da deputada do Partido Popular.

Yung Beef ven de estrear o día 1 a cuarta parte da súa serie de mixtapes xunto a Steve Lean, ADROMICFMS 4, da cal estaremos a falar moi cedo.

Yung Beef