Tote King – Lebron

26/01/18 • sony music

por | Feb 2, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

O regreso de Tote King era bastante necesario para o rap estatal. É, sen dúbida unha das imaxes máis vistosas deste. O seu anterior traballo, 78 (2015), supuxo un pequeño lavado de imaxe do seu horrible (e si, non nos cortamos en calificalo como tal) anterior traballo El Lado Oscuro de Gandhi (2010). Pero todavía non despexara todas as dúbidas ao redor del. De feito, había moitas dúbidas dende o seu cambio de Boa a Sony. En Lebron, o álbum que nos atén, despexa moita desas dúbidas. Polo menos, na primeira parte do albume.

E falamos de dúas partes porque, se ben todo o álbum mantén unha liña old-school, en gran parte ben traballada, o cambio dende N.T.F, onde Green Valley trae o peor do rap estatal á escena, cun regreso ao reggae innecesario totalmente, a primeira parte supón algo case sen precedentes no rap estatal. Bebendo directamente de aquel que cita no álbum, Kanye West, a primeira parte do álbum resulta un pequeno revival “á española” do que foi no seu momento para o rap estadounidense My Dark Beautiful Twisted Fantasy. Ou, polo menos, ten varias cuestións similares. Lebron na súa primeira parte trátase dun disco no que se revitalizan moitas das cuestións do rap old-school estatal, cunha produción de envexa para todos os artistas que actualmente tentan seguir neste ámbito, e que funciona, namora e entretén sen ningún problema.

En xeral, todo o álbum tenta mostrar a un Tote King consciente da súa situación. En ningún momento tenta irse do seu status de “vella gloria” do rap estatal, e fai varias referencias ao seu pasado, á súa situación actual, e ao que lle pode deparar o futuro. Ademais, tenta ser crítico consigo mesmo, destacando os versos de Libera el EstrésMe indigna alguno que propone el crowdfunding/Y ese público que paga el crowdfunding/Es quién quiere pelea pa’l título y no está ni en el ranking/Y son más malos que mi disco El lado oscuro de Gandhi“, onde, nun arma de dobre fío, tenta criticar aos rapeiros que tanto presumen e carecen da calidade esperada, e ao mesmo tempo é consciente dos seus fallos previos. É bastante valente que alguén da altura de Tote King, recoñecido estatalmente como practicamente ningún, se atreva a rimar algo así sen ningún pudor.

A segunda parte do álbum, como xa dixemos, peca de demasiado pouco atrevido, volvendo ás cousas que nun pasado funcionaron, pero xa non. As reaccións cara o reggae, xa tan famoso entre o público estatal, volve unha vez máis cando xa non tería sido necesario, dando a peor imaxe que o rap do Estado Español podería imaxinar ver unha vez máis. Isto, á vez, crea unha escena dicotómica, cunhas bases actuais mais cun ritmo vocal desgastado, creando un homúnculo que desexaríamos ter pasado por alto. Excepción a isto é Sube Sube Sube, onde Tote consegue darlle o ritmo máis cercano ao dancehall que traerá o álbum e, sen chegar a ese estilo, consegue dar o momento de baile que o álbum necesita.

Nos primeiros momentos nos que este disco chegou aos nosos oídos queríamos telo incluído entre os nosos discos. Máis, a medida que avanzaban as escoitas, os fallos da segunda parte deste víanse máis visibles, e o que podería ter sido un dos albumes máis completos do rap español quedouse nun, se ben completo e decente, interesante traballo, como moito. Que esperar do futuro de Tote King? Que el mesmo se de conta do que xa non ten lugar, e que cre o traballo que todos esperamos e necesitamos.

Tote King