Thom Yorke estrea nova música en unha curtametraxe

O músico británico e líder da banda Radiohead compuxo a música que soa na curtametraxe Why Can’t We Get Along realizada pola firma de moda Rag & Bone coa que Yorke xa tiña colaborado previamente. Thom Yorke atópase xirando en solitario actualmente tras reeditar seu segundo disco Tomorrow’s Modern Boxes e estreando novo material tamén en directo. Semella moi probable que un novo disco vexa a luz máis pronto que tarde.

A curtametraxe dirixida por Benjamin Millepied, Aaron Duffy, e Bob Partington conta coas actuacións de Ansel Elgort a quen puidemos ver en filmes como Baby Driver ou Kate Mara, actriz de filmes como The Martian ou a serie de televisión de Netflix House of Cards.

Thom Yorke