Select Page

Gloriosa Rotonda, Rae Morris, Justin Timberlake… Estas son as nosas seleccións desta semana

Estamos a venres de novo. Este primeiro día de estreos musicais de febreiro chega cargado de moitos novos discos. Dentro do mundo do rhythm & blues temos lanzamentos como o último de Rhye, dentro da electrónia con tintes escuros poderemos escoitar o novo de The Soft Moon e de IAMX, e o terceiro disco do noise rock de Hookwoorms. Pero se temos que destacar tres, serían:

  1. Gloriosa Rotonda – Gloriosa Rotonda. Xurdidos das cinzas do grupo The Bärds, Gloriosa Rotonda estrean hoxe seu primeiro EP. o single de adianto titulado “Pasta Pizza” convenceunos co seu estilo a medio camiño entre o pop e o garaxe.
  2. Rae Morris – Someone Out There. A cantautora de Blackpool Rae Morris lanza hoxe tamén seu segundo disco de estudio, do cal temos moitas ganas de ver como funciona o estilo da británica con unha produción na que a música electrónica cobra moito maos peso que no seu traballo anterior.
  3. Justin Timberlake – Man of the Woods. Non se pode negar que Justin Timberlake é un nome máis que importante dentro do panorama do pop mainstream internacional. O estadounidense lanza xa seu quinto disco. Os adiantos que escoitamos polo de agora non nos chamaron moito a atención pero temos ganas de ver que camiño segue o resto do disco.