Select Page

Ty Segall – Freedom’s Goblin

26/01/18 • Drag city

por | Feb 1, 2018 | Discos, Música | 0 Comentarios

Ty Segall, ata o ano pasado, tiña gañado o nome do músico máis prolífico no mundo do garaxe e do rock na actualidade, mais os cinco discos publicados por King Gizzard & The Lizard Wizard ao longo do ano 2017 desprazaron o foco de atención cara a banda australiana. Agora Ty Segall volta con un novo traballo de 19 cancións que chega a acadar a hora e cuarto de duración.

O disco dende logo non peca de resultar monótono, hai cancións de moitos estilos que se moven entre o clásico garaxe ao que Ty Segall xa nos ten acostumbrado como pode ser Fanny Dog, a canción que abre o disco ou a cover Every 1’s A Winner, máis tamén por terreos máis modernos como en Despoiler of Cadaver ou con temas máis tranquilos e pausados como os que poboaron seu anterior disco do ano pasado. Como xa dixen o disco non resulta monótono, sen embargo si que teño a sensación de que por momentos resulta un pouco caótico, no sentido de que non segue ningunha dirección clara.

A comparación con King Gizzard & The Lizard Wizard resulta moi útil, xa que ambos producen unha enorme cantidade de material, no cal se abordan ideas moi diferentes. Sen embargo a maneira de lanzar este material en este caso é moi diferente, se ben King Gizzard lanzaron cinco discos o ano pasado, todos eles tiñan unha duración aproximada de 40 minutos e en cada un se exploraba un único concepto musical. No caso de Ty Segall atopamos todas estas ideas mesturadas en un único traballo, que cara o final do mesmo pode resultar ata agotador.

Isto non quere dicir que o disco de Ty Segall sexa un mal álbum, moitas das 19 cancións de Freedom’s Goblin merecen unha escoita, Ty Segall continúa a posicionarse como unha das mentes máis inquietas do panorama do rock actual, o erro está quizáis na hora de presentar o seu material de cara ao público. Quizáis sería boa idea recuperar a fórmula que Segall empregou en traballos como Emotional Mugger (2016), un dos seus discos máis consistentes nas súas ideas e que non chegaba a duración dos 40 minutos, case a metade que este novo disco.

Ty Segall